xoves, 15 de marzo de 2018

UN FUTURO SEN ESTEREOTIPOS

A profe Alba Alonso Feijoo volveu para realizar cos nenos/as de 5 anos outro TALLER DE COEDUCACIÓN.

O taller de hoxe foi sobre os estereotipos que hai no mundo das profesións. Antes de nada lles mandou debuxar algunhas delas: alguén que apaga lumes, pilota avións, cura persoas, xoga ao fútbol...teño que dicir que estamos moi orgullosas dos nosos nenos/as xa que en cada unha delas apareceron mulleres, algo ben estamos a facer entre todos papis!!!

Despois vimos un vídeo que sen dúbida vos fará pensar coma a nós, deixámosvos a ligazón e algunhas fotillos.

Grazas por todo !!












4 comentarios:

  1. Noraboa polo taller. Iniciativas coma esta son as que se necesitan para que os nenos de hoxe formen un mundo mellor! Bravo!

    ResponderEliminar
  2. MOITAS GRAZAS!! entre todos temos que ir poñendo as bases para que isto sexa posible.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns! Emocionan este tipo de talleres, espero que se repitan máis veces! Un proxecto 10!

    ResponderEliminar