mércores, 26 de decembro de 2018

CUMPRE DECEMBRO EN 5 ANOS

E chegou Decembro e, xunto co festival de Nadal  celebramos o cumpre de Zoe. Cantas emocións no mesmo dia!!! Moitas felicidades pequena!!!!








venres, 21 de decembro de 2018

Cumpres decembro 4 anos

Chegou decembro e celebramos os últimos cumpres do ano.
 4 aniños cumpriron  Antía, Adriana, Noé, 
Edgar, Lucas, Daniel e Rafael !!!!!!!.

Felicidades!!!!!











OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS DESEXÁMOSVOS BO NADAL A TODAS AS FAMILIAS!!!



NADAL 2018

Esperamos que desfrutarades tanto coma nós deste día, aquí deixamos as distintas actuacións.
Bo Nadal.



4 ANOS

Esta semana estivo chea de emocións e sorpresas!!! FELICES FESTAS A TODOS e TODAS!! 


3 ANOS

xoves, 20 de decembro de 2018

NATURIZO CHEGOU!! 4 ANOS

Os cativ@s de 4 anos recibimos a visita dos nosos padriños e madriñas de Sen Residuo, os alumn@s de 6º de Primaria. Desta vez viñeron acompañados de NATURIZO, un ourizo cacho que vive na Serra de San Mamede con moitos amiguiños, como por exemplo Amelia.
Pasámolo xenial, escoitamos unha preciosa historia, bailamos e recibimos uns agasallos.

Aquí deixamos o enlace ao blog dos nen@s de 6º, onde podedes desfrutar da actividade.


Moitas grazas os alumnos de 6º e as súas mestras , Mirian e Nuria, por compartir con nós os vosos obxectivos e facer que cada semana nos sintamos importantes.

domingo, 16 de decembro de 2018

COAS MANS NA MASA! 4 ANOS

Durante estas semanas descubrimos grandes cousas sobre os alimentos, a súa orixe e o mundo da cociña. Para dar fin a este Reto, que mellor que vivencialo coas nosas mans, e imitar a grandes chefs. Contamos coa colaboración dos nenos de 1º de Primaria, as súas profes Isa e Miriam e tamén coa cociñeira do cole Marisa.

Grazas a todos.

Esperemos que o desfrutedes tanto como os peques.



martes, 11 de decembro de 2018

HI HEATHER!! 4 ANOS.

Este luns puxémonos as pilas co inglés, recibimos a visita da auxiliar de conversa do noso cole "HEATHER", tiña preparadas unhas actividades moi chulas e acordes coa época na que estamos, o Nadal.
Moitas grazas Heather,  por facer que a nosa pronuncia vaia mellorando, e por compartir con nós o teu tempo.

                               











martes, 4 de decembro de 2018

Cumpres en 4 anos

Finalizou o mes de novembro e celebramos os cumpres nas aulas de 4 anos.


 Felicidades a todos/as!!!!





domingo, 2 de decembro de 2018

CUMPRES EN 5 ANOS

ESTE MES DE NOVEMBRO CELEBRAMOS OS CUMPRES DE ALBA, UNAI E ADRIÁN!!!MOITAS FELICIDADES!!!

































sábado, 1 de decembro de 2018

CUMPRES EN 3 ANOS

NAS AULAS DE 3 ANOS ESTE MES DE NOVEMBRO ESTIVERON DE CUMPRE: MATEO, NOELIA E MARIO...MOITAS FELICIDADES PEQUES!!!

 



venres, 23 de novembro de 2018

EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o ``DÍA DA NO VIOLENCIA DE XÉNERO´´ . E porque é importante inculcar estes valores desde moi pequenos para que a sociedad cambie, quixemos achegar o noso graniño de area e os nenos e nenas de 3 anos bailamos ao son de Rozalén ``a porta violeta´´ dándonos moito agarimo e apertas.




xoves, 22 de novembro de 2018

TALLER EN 5 ANOS

Hoxe tivemos unha visita moi interesante dunha profe, Alba, para facer un taller de coeducación explicándonos os estereotipos, aínda presentes, na elección dos xoguetes segundo sexamos nenos ou nenas.
Fixemos xogos, visionamos un corto, coloreamos.. pero todo baixo o noso lema:

ROSA OU AZUL ESO DA IGUAL, XOGAR E DIVERTIRSE SÍ QUE ESTÁ XENIAL

Aquí deixamos o vídeo: a boneca que escolleu conducir.


e algunhas fotos desta mañá.



                                              
                            ESTE NADAL, CAMBIEMOS O XOGO!!!!!




martes, 20 de novembro de 2018

DEREITOS DO NENO

Se hai algo que teñen en común todos os nenos e nenas do mundo, sen excepción, son os seus dereitos. Nacesen onde nacesen, teñan a cor de pel que teñan e sexa cal sexa a súa condición sexual e económica, todos os nenos e nenas dos mundo teñen os mesmos dereitos.

E hoxe celebramos  `` O DÍA DOS DEREITOS DO NENO´´  por íso elaboramos entre todos os nenos/as de infantil este mural cos seus dereitos.



xoves, 15 de novembro de 2018

VIVA O MAGOSTO!!!

Por fin puidemos celebrar o magosto no cole...fogueira, chourizos con pan, castañas e moita troula, que ben o pasamos!!! QUE VIVA O MAGOSTO!!!




4 ANOS





5 AÑOS




venres, 9 de novembro de 2018

A COMPOSTAXE

ESTA SEMANA VIÑERON AO COLE A FALARNOS SOBRE A IMPORTANCIA QUE TEN HOXE EN DÍA A COMPOSTAXE.
OS NENOS/AS DE INFANTIL APRENDIMOS CÓMO SE FAI, ESCOITAMOS UN CONTO,  E PLANTAMOS UNHA SEMENTE CON COMPOST.
ESTIVO MOI INTERESANTE.






con 5 anos....

video





Compostaxe 4 anos